- Tipo
- Tematica
O sábado 18 de febreiro haberá un desfile de Entroido no Milladoiro. Dito desfile partirá ás 17.00 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e rematará na praza de Manuel Murguía. O percorrido do desfile anunciarase na web municipal. O desfile contará con animación en rúa a cargo das Pompeiras (farán pompas de xabón, enchendo as rúas de ledicia multicolor, onde os nenos e nenas poderán xogar con elas) e dos Dinos Bailongos (os Dinos levarán consigo un estandarte feito de globos co que interactúan co público). O desfile pecharase coa entrega de premios e coa actuación da banda Brassica Rapa.
O concurso é para as persoas de todas as idades. Poderán participar todas as persoas, asociacións, comunidades, colexios, etc. As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que actuará como representante para todos os efectos que se deriven deste concurso. As asociacións serán representadas polo/a presidente/a.
As inscricións realizaranse no correo electrónico xuntanzaempresariosames@gmail.com ata o 15 de febreiro como data límite. Para realizar a inscrición deberanse achegar os seguintes datos, título do disfrace, nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, DNI, teléfono de contacto, e número de compoñentes. Haberá catro categorías e tres premios en cada categoría: individual infantil, individual adulto, grupos de 2 a 10 persoas e grupos de máis de 10 persoas. Repartiranse 2.000 euros en premios.