Pestanas principais

> Día do deporte

Venres, 22 setembro, 2023
A partir das 16:30 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, oferta un ano máis unha ampla gama de actividades no Día do Deporte, que se celebrará este venres, 22 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames. Dito evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deste xeito, no aparcadoiro da área deportiva terán lugar as actividades dirixidas: aerozumba, spinning e baile moderno. Por outro lado, na piscina descuberta haberá piragüismo, mentres que na pista exterior se desenvolverán actividades de atletismo. Tamén haberá xadrez, na entrada do pavillón; e tenis na pista exterior.

O golf e o crocket impartiranse na zona verde, mentres que a patinaxe terá lugar no interior do pavillón polideportivo. No mesmo emprazamento haberá baloncesto.

A actividade de fútbol sala desenvolverase na pista de fútbol sala; e o judo impartirase no ximnasio do pavillón. Para rematar, tamén no ximnasio, haberá taekwondo.

Todas as persoas que participen en, polo menos, cinco actividades, recibirán selos que lles permitirán recibir un agasallo na carpa de organización.

Multimedia