- Tipo
- Tematica
O Delas fest complétase cunha ampla variedade de actividades que arrancan o martes 25 de abril, ás 16.30 horas, coa proxección, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, do documental Museo a Ceo Aberto e o posterior coloquio coa súa directora, Marián Fernández, da cooperativa O Cable Inglés.
O primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, o Delas Fest, volve por quinto ano consecutivo a encher de cores e historia os muros da comarca de Compostela.
A ilustradora e muralista valenciana Julieta Silla (Valencia, 1982), coñecida artisticamente como Julieta XLF, será a encargada de facer un mural de gran formato no concello de Ames. As actividades arrancan o martes 25 de abril, ás 16.30 horas, coa proxección, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, do documental Museo a Ceo Aberto.
E nos meses de verán, tanto Ames como Compostela acollerán o I Familia Delas Fest, unha nova proposta de obradoiros participativos especialmente deseñados para a cativada e as súas familias.