- Tipo
- Tematica
Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.
O mércores, 18 de setembro, de 12:30 a 14:00 horas, o espazo colaborativo A Poa acollerá un programa de encontros entre mulleres co obxectivo de visibilizar o impacto do emprendemento feminino e fomentar a colaboración entre mulleres emprendedoras. A través deste encontro tamén se pretende recoñecer e fortalecer habilidades a través de dinámicas de grupo, facilitar a creación dunha comunidade de apoio e inspirar e motivar a novas emprendedoras. Este mesmo encontro vaise organizar o luns 16 de setembro no Coworking da Pobra na Pobra do Caramiñal.