Venres, 28 abril, 2023
Ás 19:00 horas
- Tipo
- Tematica
Co obxectivo de reunir a persoas de distintos municipios para que intercambien impresións e gustos musicais, o día 28 de abril haberá un encontro de escolas de música no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:00 horas. Na cita, organizada pola EMMA, está previsto que participen as escolas musicais de Brión, de Negreira e do Grove. Actuarán arredor de 100 alumnos e alumnas das catro escolas. Haberá unha agrupación de violín, unha banda e combos de diferentes estilos. En total, o concerto durará arredor duns 90 minutos, e cada escola participante non excederá dos 20 minutos de actuación.