- Tipo
- Tematica
Ao longo do mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, as bibliotecas municipais continúan coa programación dos Encontros Literarios. Deste xeito, o mércores 23 de abril, ás 20.00 horas, o Pazo da Peregrina acollerá a presentación de "Cuarto vértice" de Carlos Moreno. Ademais do autor da obra, nesta sesión dos encontros literarios estará presente Encarna Otero. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.
"Cuarto vértice" é a segunda novela do autor lugués Carlos Moreno, na que se narra a a historia de dúas mulleres que se cruzan nun momento moi concreto das súas vidas e que, ámbalas dúas, son moi diferentes entre si, pero que comparten iniciais (M.M.): Maruka Mallo e Marina Méndez. Deste xeito, faise un paralelismo entre a vida de ambas e búscase reivindicar o importante papel de Maruja Mallo na historia e situala como o cuarto vértice do "polígono" que formou na súa época xunto con Lorca, Buñuel e Dalí.
