- Tipo
- Tematica
O segundo dos encontros literarios programados polas bibliotecas municipais de Ames para o mes de marzo contará coa autora Úrsula Heinze como protagonista. Presentará a súa obra "Flashes II", editada por Fervenza, a segunda parte dunha guía persoal que reflicte un retrato da propia autora ao longo dos anos.
Úrsula Heinze (Colonia, 1941) licenciouse en Filoloxías Inglesa e Alemana na Universidade de Colonia, formando parte do grupo universitario de teatro. Tamén estudou piano e canto. Finalmente, decidiuse pola ensinanza, sendo catedrática de Ensinanza Media en Alemaña e lectora de alemán na Universidad de Valladolid. Así mesmo, é autora de numerosas obras: novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil, poesía en galego e relatos en alemán. Así mesmo, ten traducido obras de autores alemáns ao galego e ao castelán. Flashes reúne case duascentas prosas breves nas que a autora rememora con humor crítico diferentes instantes e incidentes da súa vida.