- Tipo
- Tematica
A película "A Esmorga", dirixida por Ignacio Vilar e baseada na obra de Eduardo Blanco Amor, proxéctase ás 22:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. "A Esmorga" é a crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de xolda que van deixando un regueiro de destrución. A película está protagonizada por Miguel de Lira, Antonio Durán Morris e Karra Lejalde. No elenco conta cun gran número de actores e actrices galegas entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.
Con tan só, 18 copias, "A Esmorga" , foi a segunda película con maor recadación media por copia en tod España na fin de semana da súa estrea.
A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación da Coruña e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección é de balde até completar aforo e realízase baixo todas as medidas de seguridade que ditamina a loita contra a COVID-19.