Luns, 27 febreiro, 2023
Ás 17:00 horas
- Tematica
O programa “Espazos para a reflexión” ofrece unha nova xornada informativa, desta volta sobre os camiños da sexualidade, na que intervirá a formadora Rebeca González. A sesión realizarase a partir das 17:00 horas no IES Milladoiro.
Os “Espazos para a reflexión” son unha iniciativa na que colaboran o IES Milladoiro (rede de convivencia), a ANPA do instituto e mailo departamento de Educación Familiar de Benestar Social do Concello de Ames. Durante este mes de febreiro realizaranse tres novas sesións. O mércores 8 celebrarase a primeira; sobre TDHA; e o luns 13 de febreiro outra sobre a xestión de conflitos, na que tamén participará a formadora Rebeca González.