- Tipo
- Tematica
Este venres, 15 de novembro, celebrase un espectáculo tangueiro, musical, poético e lunfardesco, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, a partir das 21.30 horas. Baixo o título de Cando Lorca coñeceu a Gardel, do tango aos poemas galegos, actuarán no escenario Rocío Freijanes como cantante, Daniel Rilo recitando e Nadia Rilo a cargo do espectáculo de danza.
Daniel Rilo explica que o espectáculo xorde cando descubre a existencia do libro Seis Poemas Gallegos traducidos ao lunfardo. “Cando logrei mercar este libro dixen con isto hai que facer algo. A segunda parte deste proxecto nace ao coñecer a Rocio Freijanes, que non só é unha gran cantante de tangos, senón que ela é unha gran cantante de todos os estilos. Obviamente ela tiña que axustarse a ser galerdiana e eu a facer isto, ser lorquiano, e galerdiano tamén, e mesturalo co lunfardo, e facelo nun espectáculo de tango”.
Deste xeito, Cando Lorca coñeceu a Gardel, do tango aos poemas galegos é un espectáculo no que se vai a explicar como foi o encontro entre Lorca e Gardel. Ademais, explicarse que é o lunfardo, daranse detalles da figura de Gardel, do que fixo Lorca en Bos Aires, etc. Poderase escoitaremos a Lorca, en galego e lunfardo.