Pestanas principais

>Espectáculo "Son animal"

Venres, 8 novembro, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 8 de novembro, ás 18:00 horas, Paco Nogueiras chegará á Casa da Cultura do Milladoiro con "Son animal". Dirixido a público familiar, trátase dun espectáculo dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións; cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: ritmos andinos, portugueses e do leste de Europa, unha balada acústica, un animado rock&roll, unha fanfarria circense...

É precisa inscrición previa, entre o 1 e o 7 de novembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.