- Tipo
- Tematica
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 27 de setembro, ás 21.00 horas, o espectáculo “Un verso, un cantar”, da compañía Queiman e Pousa. Trátase dun espectáculo ambientado a principios do século XX onde a poesía e a canción van da man, en homenaxe á emigración Galega.
“Un verso, Un cantar” nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplo abanico de sensacións, lendo a estes artistas, foi simple fiar o sentimento que os unía a todos, que desembocaron na declamación poderosa e sentimental de Bruxo Queiman co delicado e penetrante canto de Andrea Pousa, ese contraste que os fai tan característicos.
Fusión poética e musical, de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están entre nós, pero que foron nosa voz e memoria desde outras terras, ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan ese labor de supervivencia da nosa cultura.
É unha fusión pouco habitual de declamación, canto e música, que envolve o público nun halo elegante, creativo á vez que próximo, tanto polo sentimento que esconde tras cada verba ou nota, como pola novidade e amplitude do público que abarca.
Neste espectáculo representarase dunha forma artística á emigración Galega cando se reunían e reúnense nos centros galegos para cantar e lembrar a “o seu” Galicia que xamais esquecerán. Mostrando a identidade da nosa cultura a través dos nosos poetas e escritores; e así lembrar a memoria de todos os galegos que cruzaron o Atlántico deixando Galicia atrás, para darnos un mellor futuro.