- Tipo
- Tematica
A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, organiza unha excursión á Fortaleza de Valença do Minho, en Portugal, que terá lugar o mércores 1 de febreiro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos, e os interesados en inscribirse xa poden facelo, ata o 26 de xaneiro, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44. O custo é de 25 euros e inclúe xantar e desprazamento.
A fortificación de Valença, que está situada na marxe esquerda do río Miño, na raia portuguesa con Galicia, remóntase ao século XII, cando se creou para a defensa da poboación e para realizar a travesía dun tramo do río.
Durante a Guerra da Restauración, gañou en dimensións e aspecto. Na actualidade, consta de 5 quilómetros de perímetro amurallado, e dende a fortificación pódese desfrutar das viñas agrícolas portuguesas, a Ponte Internacional ou a Catedral de Tui, ao outro lado de raia.