Pestanas principais

> Familia Delas Fest

Venres, 1 setembro, 2023
Ás 17:00 horas

Para celebrar a súa quinta edición, o Delas Fest, festival feminista de arte urbana e contextual, estrea o Familia Delas Fest, un espazo onde descubrir a arte urbana contextual coa familia dunha forma divertida. Así, os asistentes experimentarán con materiais e ferramentas, traballando de xeito interxeracional.

Os participantes realizarán unha pequena investigación de recollida previa de nomes propios na súa familia. Posteriormente, plasmaranse eses nomes con sprai en man, empregando esténciles e creando letras con resultados sorprendentes. Todas as pinturas serán con base de auga, evitando así a toxicidade doutros disolventes. Para que as crianzas e persoas adultas pinten con tranquilidade, recoméndase levar zapatos e roupa cómoda, que non sexan prendas delicadas e que poidan mancharse.

A actividade terá lugar no exterior do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o venres 1 ás 17:00 horas (salvo condicións meteorolóxicas adversas, caso no que se trasladará ao interior). Os interesados poden inscribirse ata o xoves 31 enviando un correo a 7hcoop@7hcoop.gal ou cubrir este formulario.