- Tipo
- Tematica
A I Feira do Voluntariado de Ames rematará o sábado 29 de maio. Podes consultar aquí o programa de actividades. Tamén podes coñecer o horario, as persoas e os temas dos faladorios. A xornada comezará ás 11.00 horas coa actividade "Move o teu corpo", dirixida por BJ trainers. Ao longo do día haberá obradoiros infantis, para adultos, faladorios... Ás 20.00 horas clausurarase a Feira do Voluntariado cun concerto de Arévalo Gianneto Rock Soul.
Na solaina e nos xardíns do pazo colocaranse 20 carpas onde as distintas entidades participantes amosarán os seus proxectos, ofrecerán información do que significa e que trámites hai que seguir para facerse voluntario/a e realizarán faladoiros e actividades para todas as idades. Porque, como xa acontecera coa Feira da Saúde organizada polo mesmo departamento, a Feira do Voluntariado de Ames ofrecerá un continúo de charlas durante toda a xornada do sábado.
A xornada comezará ás 11.00 horas coa actividade "Move o teu corpo", dirixida por BJ trainers. Ao longo do día haberá obradoiros infantis, para adultos, faladorios...
Ás 20.00 horas clausurarase a Feira do Voluntariado cun concerto de Arévalo Gianneto Rock Soul.