Pestanas principais

>Festas da Peregrina

mércores, 7 Agosto, 2024 a domingo, 11 Agosto, 2024

Bertamiráns dará comezo ás festas da Peregrina o mércores 7 da man da orquestra París de Noia. O xoves 8 será a quenda da orquestra Los Satélites. Deseguido, chegarán Guadi Galego e La Banda de Ayer o venres 9,  e a Requinta da Amaía e a Coral Lojo Batalla xunto con Los Coleguitas o sábado 10. As festas rematarán o día 11 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de música de Lousame e da orquestra Tania Veiras.