Pestanas principais

>Festimax: gala máxica internacional "Experiencia Máxica"

sábado, 26 Outubro, 2024 a domingo, 27 Outubro, 2024

A Gala máxica internacional farase o sábado 26 e mailo domingo 27 de outubro. Como nos últimos anos haberá catro pases debido á gran demanda que ten este espectáculo entre a veciñanza amesá. A Gala estará presentada polo mago Migue e participarán os magos Nacho Samena (Galicia), Ramó & Alegría (Cataluña), Bruno Tarnecci (Perú) e Néstor Hato (Francia). Así, o sábado 26 realizarase o espectáculo Experiencia Máxica na Casa da Cultura do Milladoiro, mentres que o domingo 27 de outubro desenvolverase o espectáculo na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ambos días a primeira función será ás 17:00h e a segunda ás 19:30 horas.

A venda de entradas e convites farase a través da Billeteira electrónica. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono 981 535 940 / 662 377 444 ou escribir un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal

Multimedia