Pestanas principais

>Festival Entroido da EMMA

Venres, 28 febreiro, 2025
Ás 19.30 horas

Un ano máis, o Concello de Ames, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha programación de Entroido que se desenvolverá entre o mércores 26 de febreiro ata o venres 7 de marzo, con actividades que buscan, un ano máis, a colaboración da veciñanza e asociacións do concello. Ademais, mantéñense as localizacións dos actos establecidas o ano pasado, polo que o desfile de disfraces será no Milladoiro e o desfile e concurso infantil será en Bertamiráns. Deste xeito, búscase establecer e manter nunha mesma localidade cada unha das actividades do Entroido.

A Escola Municipal de Música de Ames organizará o vindeiro venres 28 de febreiro, ás 19.30 en Bertamiráns, o seu tradicional festival de Entroido, no que participará o alumnado máis avanzado e experimentado da escola e onde se interpretarán 13 pezas musicais. Abrirán o espectáculo a agrupación “Pesadillas de Aga” coas cancións “Hijos de la Luna” e Secrets. Continuará a agrupación de guitarra interpretando “Ain’t no sunshine” e “Superstition”.

Pola súa banda, o combo de iniciación interpretarán a peza “Perfect”, mentres que o combo de voces cantará a capella “Lollipop”. Darán continuidade ao espectáculo o combo “Nunca é tarde” interpretando a canción “I love you baby” e, deseguido, o combo da EMMA e o de voces cantarán un clásico como é “Waterloo”.

A xornada musical rematará coas actuacións do combo Sax Project interpretando as pezas “Stand by me” e “Viva la vida” e, pechando definitivamente o concerto, o combo de adultos coas pezas “Miña terra galega”, “What’s up” e “Back to black”.

A entrada será de balde ata completar aforo.