Venres, 20 setembro, 2019
Ás 19.00 horas
- Tipo
- Tematica
Este venres, 20 de setembro, pola tarde, os/as membros da Agrupación de Protección Civil de Ames impartirán un obradoiro no que se simulará un accidente de bicicleta e se impartirán nocións de como facer unha inmobilización e de primeiros auxilios. Será ás 19:00 horas no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade enmárcase dentro do programa da Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2019, que se celebra do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Camiña e pedalea de maneira segura”.