Venres, 22 outubro, 2021
- Tipo
- Tematica
O XVI Festival Internacional de Maxia de Ames estréase cunha dobre sesión o venres 22 de outubro. Ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns chega a quenda de Dani DaOrtiz e o seu espectáculo "100% DaOrtiz".
DaOrtiz é sen dúbida un dos mellores cartomagos do mundo enteiro. As súas aportacións á maxia de preto son recoñecidas por magos e magas de todas as partes do planeta. “100% DaOrtiz” é o seu espectáculo máis completo, unha oportunidade única de desfrutar de auténticos milagres.
Venda de entradas a partir do 8 de outubro na billeteira https://abilleteira.concellodeames.gal/gl