Pestanas principais

>I Cros Concello de Ames – Campionato Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

Sábado, 12 outubro, 2024
A partir das 11:00 horas

Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse o sábado 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. A saída e chegada de cada proba farase preto dese punto, o cal estará debidamente sinalizado. Para dispor de máis información e tramitar a inscrición preme nesta ligazón.

As inscricións das probas populares (de sub 10 a sub 16), abertas a todos/as os/as que desexen participar, realizaranse a través da web de carreiras galegas enchendo o formulario de inscrición. Para o Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto deberán realizarse a través da ligazón https://sdp.rfea.es (exclusivo para clubs federados).

O prazo de inscrición para as probas populares rematará o mércores 9 de outubro ás 23:59 horas. O prazo de inscrición para o Campionato da Xunta de Galicia de remudas mixtas rematará o luns 7 de outubro ás 20:00 horas. As inscrición son gratuítas, tanto para as categorías escolares (de sub 10 a sub 16) coma para o campionato que está dirixido a clubs federados en atletismo. Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido, nin o día da proba.

Os dorsais retiraranse ata media hora antes do inicio de cada proba na secretaría da organización situada a carón do circuíto de cros de Aldea Nova. Os/as atletas participantes no Campionato Xunta de Galicia de Remudas Mixtos deberán ter en conta os horarios de cámara de chamadas publicados na web https://www.atletismo.gal/ e incluídos na propia circular do Campionato.

Categorías, distancias e horarios
Establécense 9 categorías: relevo mixto (6.000 metros aproximadamente – 4x1.500 metros); sub 16 feminino e masculino (3.000 metros aproximadamente); sub 14 feminino e masculino (1.500 metros aproximadamente);  sub 12 feminino e masculino (1.000 metros aproximadamente); e sub 10 feminino e masculino (1.000 metros aproximadamente). As probas comezarán ás 11.00 horas co relevo mixto e pecharanse ás 13.35 horas coa proba sub 10 masculina. A entrega de trofeos está prevista para as 13.50 aproximadamente. Para máis información pódese consultar o regulamento do I Cros Concello de Ames.