- Tipo
- Tematica
Organizado polo Concello de Ames e maila Federación Galega de Atletismo, o horario de saída do trail será ás 10.00 horas dende Ponte Maceira. Minutos despois, ás 10.05 horas, procederase á saída da andaina. Ambos teñen como meta o real Aeroclub de Santiago (Ameixenda). Para participar é necesario inscribirse en www.carreirasgalegas.com ou en www.emesports.es antes do mércores 19 de febreiro ás 23:59 horas.
O trail ten unha distancia de aproximadamente 15,23 quilómetros, e a andaina de 14,23 quilómetros. Tanto os participantes do trail como os da andaina serán trasladados en autobús dende o Real Aeroclub de Santiago ata o punto de saída en Ponte Maceira a partir das 8.30 horas.
No trail haberá varias categorías: sénior masculino e feminino (18 anos cumpridos), máster 1 masculino e feminino (nados entre 1980-85), máster 2 masculino e feminino (nados entre 1971-79), máster 3 masculino e feminino (nados en 1970 e anteriores) e absoluta masculino e feminino (calquera das categorías anteriores).
Pola contra, na andaina non se establecerán categorías de participación, pero os menores de idade terán que ir acompañados en todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de participación na andaina é de 10 anos cumpridos o día da proba.
Os dorsais teñen un prezo de 7 euros para os participantes na andaina e de 11 euros para os participantes do trail, e poderán recollerse a partir das 8.30 horas nas instalacións do Real Aeroclub.