- Tipo
- Tematica
Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vén de anunciar un novo encontro coas escolas de música de Carnota e Caldas de Reis. A xuntanza terá lugar o venres 3 de maio, ás 18:30 horas, na Praza de Chavián, en Bertamiráns. Trátase da terceira edición deste encontro, que xa se celebrou o pasado ano e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá.
Neste encontro, a comunidade educativa da escola musical amesá recibirá aos centros de Carnota e Caldas de Reis. O encontro é unha oportunidade para compartir a paixón pola música nun espazo de convivencia entre alumnado, profesorado e as familias doutros concellos. Este é o terceiro ano no que a EMMA organiza unha xuntanza deste tipo, posto que en abril do pasado ano xa se desenvolveu unha iniciativa similar, que contou coa participación de diversos grupos musicais das escolas da contorna de Ames, entre os que estaban as escolas de O Grove e Negreira.