Pestanas principais

> Inverno de chocolate: Cociña de entroido

Sábado, 26 febreiro, 2022
ás 11:00 horas

O sábado 26 de febreiro remata o programa “Inverno de chocolate” da Aula da Natureza, dirixido á rapazada dos 6 aos 12 anos, cunha xornada dedicada ao Entroido e á súa cociña tradicional. As nenas e nenos que asistan aprenderán a facer filloas e orellas, así como a elaborar doces con produtos locais. A proposta desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e contará con servizo de autobuses. Para inscribirse nas 25 prazas dispoñibles, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.