Pestanas principais

>IV Carreira de Orientación

Domingo, 11 maio, 2025
A partir das 11.00 horas

O departamento de Deportes, en colaboración con Xesta Natureza, organiza un ano máis a Carreira de Orientación do Concello de Ames, unha proba que celebra xa súa cuarta edición e que conta a día de hoxe cunha gran acollida entre a veciñanza. A proba, desta volta, realizarase na localidade do Milladoiro, o día 11, a partir das 11.00 horas.

IV Carreira de Orientación
A carreira que se celebrará o vindeiro domingo 11 de maio ten como obxectivo visitar no menor tempo posible todas as balizas que aparecen no mapa da proba, que se entregará ao comezo da mesma.

A inscrición para participar pódese facer de xeito individual ou en grupo (ata 6 participantes por equipo). As persoas que queiran participar de forma individual, deberán realizar a inscrición por separado. Deste xeito, poderase escoller algunha das seguintes categorías de participación:

    • Xestiñas: categoría dirixida para nenos/as, sinxela física e tecnicamente cun percorrido menor aos 3 quilómetros.
    • Xestas: categoría para persoas adultas, cun nivel físico e técnico medio e cun percorrido inferior aos 4 quilómetros.
    • Xesteiras: categoría dirixida para persoas con medios ou altos coñecementos na orientación, cun nivel físico e técnico alto e cun percorrido superior aos 5 quilómetros en total.

As saídas comezarán ás 11.00 horas e realizaranse por categorías, é dicir, todas as persoas dunha mesma categoría sairán ao mesmo tempo. Por outra banda, desde a organización da proba, facilitarase unha tarxeta electrónica para poder ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. O percorrido deberá completarse na orde establecida desde a saída ata a meta.

Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 644 567 614, escribir un correo electrónico a info@xestanatureza.com ou visitar a páxina web www.xestanatureza.com.