Domingo, 23 agosto, 2020
Ás 22:00 en Bertamiráns
O actor, músico e veciño de Ames, Josito Porto, súbese ao palco hoxe ás 22:00 horas, na praza da Maía, para presentar o seu proxecto musical “Factoria de Subsistencia”.
Redúcense as prazas por mor das normas de loita contra o COVID19
A actividade é de balde ate completar aforo.
A actividade forma parte da programación “Noites de Terraza” que se encadra no AmesON, programa de fomento e dinamización das actividades económica e cultural de Ames.
Josito Porto interpretará no concerto temas dos dous discos que ten editados a Factoría de Subsistencia “Cerca da túa orlla” e “Amores Fracticidas”. Ademais presentará algúns temas do que vai ser o seu terceiro disco, cuxa gravación houbo de adiarse por mor da pandemia.