Xoves, 23 maio, 2019
Ás 17.00h
A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza este xoves, ás 17.00 horas, no Pazo da peregrina, en Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado no coaching e a toma de decisións. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.
