Xoves, 17 decembro, 2020
Ás18:00 horas
“Un corazón a flor de pel” é o título do espectáculo que, a través do programa Apego, trae ao Pazo da Peregrina o contacontos Caxoto
A inscrición pode facerse entre os días 9 e 16 de decembro, enviando un correo electrónico a normalizacion@concellodeas.gal
No caso de que a situación sanitaria impedise a celebración presencial, esta actividade realizaríase virtualmente para as familias inscritas.
“Un corazón a flor de pel” propón unha viaxe pola intelixencia emocional con contos para aprender a escoitar o corazón, a xestionar as emocións e a pensar en positivo.
