- Tipo
- Tematica
A praza da Maía acolle hoxe, ás 22:30 horas, a actuación do Trío de Música Tradicional “Caldo”. O evento encádrase dentro da programación da concellaría de Cultura e forma parte das actividades organizadas no municipio a través do patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña. O concerto é de balde. O aforo, por mor das actuais normas de seguridade, limitase a 100 persoas. No caso de que choiva, o espectáculo trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns.
O Trío Caldo está formado pola violinista María Jorge, o gaiteiro Pedro Fariñas, encargado tamén dos arranxos e da harmonización a través da guitarra, e a vocalista e pandereteira Anaís Barbïer. María Jorge está presente na escena da música popular galega desde hai varios anos a través dos seus propios proxectos e da colaboración en distintos proxectos con diferentes artistas e bandas. O gaiteiro Pedro Fariñas é un dos nomes claves no ambiente da música tradicional e do folk galego. A voz de Anaïs Barbier forma parte importante do grande elenco de cantareiras que temos en Galicia.