- Tipo
- Tematica
O venres 26 de abril, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da obra de teatro "Helen Keller, a muller marabilla?" da man do Grupo Chévere. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Trátase dun espectáculo en lingua oral e lingua de signos.
Trátase dun novo proxecto do Grupo Chévere sobre a rebeldía e a disidencia a través da figura de Helen Keller, a primeira xordocega en obter un título universitario.
O espectáculo conta con audiodescrición e paseo táctil pola escenografía. Será necesario facer unha solicitude previa para poder contar con todas as petacas necesarias no correo cultura@concellodeames.gal . As persoas usuarias deste servizo deberán chegar 45 minutos antes do comezo da función para recoller o seu dispositivo e poder realizar o paseo, antes do acceso do público á sala.
Ao remate da función terá lugar un coloquio coas actrices e director , dunha duración máxima de 30 minutos no hall da Casa de Cultura, no que tamén se contará cun intérprete de LSE.