Venres, 26 xaneiro, 2024
Ás 20.30 horas
- Tipo
- Tematica
O venres 26 de xaneiro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da obra de teatro "Último verán en Santa Cristina" da man de Teatro do Noroeste. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Nesta obra dramática contase a historia dun rapaz de 12 anos e do seu último verán na praia en 960. Anos depois, sendo un adulto, recibe unhas cartas da súa defunta nai, a través das que descobre a relación extramatrimonial que esta tiña cun partisano enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda estaba activa en Galicia nese ano de 1960.