Pestanas principais

> Obradoiro de canto moderno

Sábado, 7 maio, 2022
de 11:00 a 13:00 horas

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. Na primeira quincena de maio, o sábado 7, celebrarase o taller de canto moderno, impartido pola cantante profesional, vocal coach e directora da EMMA, Pilar Martínez. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Cun custe de 10 euros, os talleres desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas.

As dúas horas de curso dividiranse en dúas partes. Na primeira, dedicada á técnica vocal, traballarase a relaxación, os coidados e a respiración, así como conceptos como a vocalización, a afinación ou as colocacións da larinxe e dos resonadores. Xa na segunda parte, incidirase na creación musical, mostrando como ensaiar, cantar e gravar unha canción. Cada persoa participante deberá levar unha botella de auga propia.

O custe da praza só se deberán abonar unha vez que o departamento de Cultura confirme a praza a través do correo electrónico. Os grupos estarán formados por persoas a partir de 8 anos, cun mínimo de cinco e un máximo de quince integrantes.