Domingo, 18 decembro, 2022
A partir das 10:30 horas
- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza organiza un novo obradoiro, que nesta ocasión está encadrado dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, para o domingo 18 de decembro. No taller ensinarase a crear postais navideñas con materiais naturais, e está enfocado a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos. Para participar é necesario descargar e cubrir a seguinte ficha e enviala ao correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes do sábado 17 de decembro.
O obradoiro desenvolverase na propia Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda), de 10:30 a 14:00 horas. Para chegar ata alí porase a disposicións dos asistentes un servizo de autobús.
