Pestanas principais

>Obradoiro de masaxes "Música na pel"

Venres, 20 setembro, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 20 de setembro, ás 18:00 horas,  Arkhé espazo educativo chegarán á Casa da Cultura do Milladoiro co obradoiro de masaxes "Música na pel". Dirixido a familias con bebés que aínda non se despracen, trátase dunha actividade no que as familias aprenderán unha rutina de masaxes equilibrada entre movementos estimulantes e relaxantes, acompañados dunha mestura de arrolos, cancións tradicionais e xogos de tacto baseados nos principios da Music Learning Theorym.

É precisa inscrición previa, entre o 12 e o 19 de setembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.