Martes, 3 decembro, 2019
Ás 17.00 horas
- Tipo
- Tematica
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza dous obradoiros para axudar a decorar as bibliotecas municipais para as festas de Nadal. Terá lugar o martes 3 de decembro na Biblioteca do Milladoiro ás 17.00 horas.
A actividade está destinada para nenas e nenos de 3º e 6º de Primaria, e todos os participantes recibirán un agasallo pola súa axuda.
A inscrición, dispoñible ata o 29 de novembro, pode formalizarse enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 530 807 / 981 884 829.
