Pestanas principais

>Obradoiro "Malabareando"

Xoves, 13 febreiro, 2025
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza “Malabareando”, un obradoiro de malabares dirixido para os nenos e nenas a partir dos 6 anos e que se realizará o xoves 13 de febreiro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As crianzas deberán de estar acompañadas dun adulto. Hai 16 prazas dispoñibles, sen contar ás persoas maiores de idade, e os interesados en participar poden inscribirse enviando un correo a cultura@concellodeames.gal.

Os malabares é unha actividade moi beneficiosa para os máis pequenos, pois axuda a mellorar capacidades como a concentración, a constancia ou a disciplina. Ademais, é unha gran maneira de coñecer ao noso propio corpo, así como aprender a tomar unha maior conciencia sobre os  seus movementos.

Inscricións
As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse enviando un correo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal. Hai 16 prazas dispoñibles, sen contar ás persoas adultas, e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.