venres, 21 Abril, 2023 a sábado, 22 Abril, 2023
- Tipo
- Tematica
O departamento de Bibliotecas municipais organiza para o mes de abril uns obradoiros de creación de debuxos animados. Está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de educación primaria.
Dito obradoiro realizarase o venres, 21 de abril, ás 17.30 horas, na biblioteca do Milladoiro, e o sábado, 22 de abril, ás 11.30 horas, na biblioteca de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 20 de abril. Para inscribirse hai que escribir un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns) ou 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro).
