Pestanas principais

>Obradoiro: "O meu caderno de lecturas"

venres, 25 Outubro, 2024 a sábado, 26 Outubro, 2024

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro para a rapazada a partir de 3º de Primaria, "O meu caderno de lecturas". Celebrarase na biblioteca do Milladoiro o venres 25 de outubro, ás 17:00 horas, e na biblioteca de Bertamiráns o sábado 26, ás 11:30 horas. As inscricións están abertas dende o 14 ata o 22 de outubro, chamando aos números 981 53 08 07 / 981 88 48 29 ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.