- Tipo
A ANPA da Escola infantil municipal da Madalena organiza hoxe, 4 de marzo, no auditorio do Milladoiro o obradoiro de disciplina positiva. Con esta actividade, impartida pola psicóloga Alexia López ás 17.30 horas, da comezo a nova programación da Escola de Familias deste trimestre. Aínda hai prazas libres pero é preciso inscribirse anteriormente. Para máis información pódense por en contacto coa ANPA a través do enderezo electrónico anpamadalena@gmail.com.
Durante, aproximadamente, unha hora e media, o/as asistentes aprenderán sobre a orixe, os principios e os fundamentos da disciplina positiva. Ademais, exporase algunha situación vivencial (dinámicas) para achegarse máis a práctica diaria da educación dos fillos e fillas. O taller rematará coa explicación de opcións por si os asistentes desexan ampliar os seus coñecementos nesta disciplina e concretar moito máis as ferramentas e estratexias efectivas, empáticas e respectuosas que podemos ter o alcance para abordar as situcións familiares.
Este proxecto inclúe dous obradoiros máis, o seguinte, o 8 de abril, sobre a xestión de rabietas e o último, sobre nutrición pediátrica. Esta iniciativa pretende crear un espazo no que compartir experiencias e aprendizaxes en familia, así como achegar formación acorde ás etapas das crianzas escolarizadas na escola infantil da Madalena. Aínda hai prazas libres pero é preciso inscribirse anteriormente. Para máis información pódense por en contacto coa ANPA a través do enderezo electrónico anpamadalena@gmail.com. O Concello de Ames colabora nesta iniciativa.