- Tipo
- Tematica
O Festimax adéntrase na fin de semana cuns obradoiros de maxia.
Será o sábado 23 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns en dúas quendas: o primeiro obradoiro terá lugar ás 11:00 horas e o segundo ás 12:00 horas. Os obradoiros de maxia serán impartidos por dous grandes magos: Nacho Samena e Brandan.
Nacho é un mozo lucense, os seus números caracterízanse polo emprego do humor e é especialista en maxia con obxectos de uso cotiá. Brandan chega dende Sarria para transmitir os seus coñecementos máxicos aos cativos e cativas de Ames nos obradoiros de maxia. Brandan conta cun estilo moi persoal, mesturando humor e maxia a partes iguais.
Os obradoiros están dirixidos á rapazada de entre 8 e 14 anos. As prazas limítanse a 6 persoas por grupo. Para inscribirse hai que mandar un mail co nome, apelidos e teléfono a cultura@concellodeames.gal