Pestanas principais

> Observación do ceo nocturno

Sábado, 23 xullo, 2022
Ás 22:30 horas

A Aula da Natureza do Concello de Ames, en colaboración co experto en arqueoastronomía Antón Bouza, organizaron unha actividade de observación do ceo nocturno e de astronomía cultural. Esta actividade realizarase no monte de San Marcos e terá unha duración de entre 2 e 3 horas. Haberá dúas sesións, a primeira será este sábado 23 de xullo, mentres que a segunda desenvolverase o sábado 27 de agosto. Para chegar ao monte de San Marcos haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Para participar é necesario inscribirse. Ofrécense 30 prazas para casa sesión. As prazas cubriranse por orde de inscrición. 

A Aula da Natureza ten preparada unha nova actividade para este verán. Trátase dunha actividade de observación do ceo nocturno e de astronomía cultural, que se desenvolverá dende o monte de San Marcos e terá unha duración de entre 2 e 3 horas. Recoméndase levar roupa de abrigo e unha manta ou esterilla para poñer no chan e sentarse encima. Trátase dunha iniciativa que o Concello de Ames realiza en colaboración co experto en arqueoastronomía, Antón Bouza.

Para participar nesta actividade de observación do ceo nocturno ofrécense dúas posibilidades. A primeira xornada será este sábado, 23 de xullo, ás 22.30 horas, mentres que a segunda sesión realizarase o sábado, 27 de agosto, ás 22.00 horas.

A actividade está pensada para observar o ceo mentres os asistentes reciben nocións de astronomía cultural. Poderanse contemplar diferentes galaxias e constelacións e ver satélites como a lúa e planetas como Saturno, Venus e Xúpiter. Ao mesmo tempo poderase coñecer como vían os astrónomos do pasado o ceo e tamén se impartirán nocións de mitoloxía. Dende a organización poñerán a disposición dos/as asistentes varios telescopios.

Para achegarse ata o monte de San Marcos haberá servizo de autobús, que sairá dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 21.30 horas, e dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 21.45 horas. Unha vez finalizada a actividade o autobús regresará e deixara ás persoas participantes nas paradas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse. Para iso hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou escribir un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofrécense 30 prazas para cada xornada. As prazas cubriranse por orde de inscrición.