Pestanas principais

>"Picadiscos Marifalti" de María Faltri

Venres, 28 febreiro, 2025
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

O día 28, na Casa da Cultura do Milladoiro, haberá unha sesión de picadiscos, da man de María Faltri. Nesta actividade, os máis pequenos poderán gozar dunha selección da mellor música infantil en galego para que non deixen de cantar e bailar ao longo de toda a tarde. Ademais, tamén poderán aprender cancións da man dos libros da minibiblioteca ambulante.

A inscrición desta actividade está aberta dende o día 20 ata o 27 de febreiro. Para participar, só hai que mandar un correo ao enderezo electónico normalizacion@concellodeames.gal. Para máis información, podes poñerte en contacto co servizo de Normalización Lingüística chamando ao número de teléfono 662 377 215.