- Tematica
ORDE DO DÍA:
Punto primeiro. Dación de conta das Resolucións adoptadas contrarias aos reparos 2020 (artigo 218.1 Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRHL)
Punto segundo. Aprobación da Contra Xeral do Concello de Ames correspondente o exercicio 2020.
Segundo.- Comunicar ás/ós señoras/es concelleiras/os que os asuntos que se tratarán na dita sesión atópanse a súa disposición para ser examinados na Secretaría Xeral a partir da data desta convocatoria. Non obstante, a documentación será remitida vía telemática os señores concelleiros/as xunto coa convocatoria.
No caso de non poder asistir á sesión plenaria, deberán acreditalo con antelación suficiente ante esta Alcaldía.
De non se poder celebrar a sesión por falta do número legal de asistentes (artigo 46.2.c da Lei 7/1985, de 2 de abril) entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois (artigo 90.2 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro).
Terceiro.- Notifíquese en forma axeitada á legalidade.