Pestanas principais

> PLENO ORDINARIO 25 DE XUÑO 2020 ás 20.30 h.

Xoves, 25 xuño, 2020

25 DE XUÑO 2020 ás 20.30 h. na Casa da Cultura de Bertamiráns

ORDE DO DÍA:

A) PARA DAR CONTA:
1. Dar conta ao pleno da Corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria.
2. Dación de conta do decreto da alcaldía número 1128/2020 de 29.05.2020, de acordo de aprobación do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal adicional 2/2020. POS+adicional 2/2020 para gasto corrente/investimentos financeiramente sostibles
3. Dación de conta do decreto da alcaldía número 1129/2020 de 29.05.2020, de acordo de aprobación do POS+adicional 1/2020 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados do Covid-19 . “POS+ adicional1/ 2020”
4. Dación de conta do decreto da alcaldía número 1145/2020 de 02.06.2020, de rectificación do erro material sobre o acordo de aprobación do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal adicional 2/2020. POS+adicional 2/2020 para gasto corrente/investimentos financeiramente sostibles.

B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
5. Aprobación, se procede, de actas anteriores (acta da sesión ordinaria do 30.04.2020 e acta da sesión ordinaria do 28.05.2020).
6. Ratificación do decreto de Alcaldía número 965/2020 de 05.05.2020. Constitución de anticipo de caixa fixa 3/2020 para pagamentos das renda social de garantía mínima e das axudas para a recuperación en situacións de emerxencia social durante o estado de alarma aprobado polo real decreto 463/2020, do 14 de marzo. Oficinas servizos socias de Bertamiráns.

7. Ratificación do decreto de Alcaldía número 1123/2020 de 28 de maio do 2020. Aprobación derradeira do proxecto técnico corrixido das obras de reforma de vestiarios
campo de fútbol Bertamiráns (Ames)
8. Modificación de data de desconexión da sede electrónica da Deputación provincial da Coruña.
9. Incorporación ao inventario municipal de bens do local adquirido para Coworking.
10. Adxudicación do expediente de licitación por procedemento aberto e tramitación anticipada con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada do servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello de Ames.
11. Aprobación definitiva do estudio de detalle do P. R.4 e R.5, APE P.B7-04 “Rego dos Pasos Sur II” do PXOM
12. Solicitude presentada polo grupo municipal BNG para solicitar a derrogación da Lei Montoro.(R.E. núm. 20209990000107, 21.04.2020)
13. Proposta presentada polo grupo municipal socialista de transferencia ós concellos por parte da Xunta dun fondo extraordinaria para a contención da Covid – 19 e a sua reconstrución social en Galicia (R.E. núm 202000000004881, de 08.06.2020).
14. Proposta presentada polo grupo municipal socialista de creación dun Plan para reducir a fenda dixital e de aprendizaxe (R.E.núm. 202000000004873, de 08.06.2020).
C) MOCIÓNS.
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
15. Rogos e Preguntas.