Pestanas principais

>PLENO ORDINARIO MAIO

Martes, 31 maio, 2022
Ás 20:30 horas

A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro. Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a
última sesión plenaria ordinaria.
Punto segundo. Dación de conta do decreto de liquidación exercicio 2021.
Punto terceiro. Dación de conta da información periódica a render ao Pleno, correspondente
ao 1º trimestre do exercicio 2022.
1º Execución do orzamento ao remate do 1º trimestre 2022, en execución do acordo plenario de
data 22.11.2018.
2º Período medio de pago, de acordo co previsto no Real Decreto 635/2014, do 25 de xullo.
3º Información trimestral de morosidade.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto cuarto. Aprobación, se procede, de actas anteriores (sesión ordinaria de 28.04.2022).
Punto quinto. Aprobación do proxecto modificado das obras de reforma de vestiarios do campo
de fútbol de Bertamiráns (Ames). POS + 2020.
Punto sexto. Aprobación do Plan director do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre.
Punto sétimo. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza núm. 5 reguladora do prezo
público pola prestación do servizo das Escolas Infantís municipais do Concello de Ames.
Punto oitavo. Alteración da cualificación xurídica dunha superficie de terreo de 327 metros
cadrados no cemiterio parroquial de Biduído (Ames).
Punto noveno. Undécima modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) do
Concello de Ames.
Punto décimo. Aprobación do Plan de Medidas Antifraude do Concello de Ames.
Punto décimo primeiro. Aprobación suplemento de crédito 1/2022.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto décimo segundo. Rogos e preguntas.