Pestanas principais

PLENO ORDINARIO XANEIRO 2022

Xoves, 27 xaneiro, 2022
20.30 h

A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro. Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a
última sesión plenaria ordinaria.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto segundo. Aprobación, se procede, de actas anteriores (acta da sesión ordinaria do
28.12.2021).
Punto terceiro. Ratificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión do
30.12.2021, de desistimento do expediente de licitación de servizo de limpeza integral nas
instalacións municipais e centros educativos do Concello de Ames (3 lotes), aprobado polo
Pleno en sesión do 25.11.2021.
Punto cuarto. Adhesión á declaración de Valladolid. O compromiso das cidades pola economía
circular.
Punto quinto. Adhesión á Rede de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores.
Punto sexto. Aprobación inicial do Regulamento da política de seguridade da información do
Concello de Ames.
Punto sétimo. Modificación do sistema de prórrogas do contrato asinado con Servizos Sociais
Ulla Sar SL, para a prestación do servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello de Ames.
Punto oitavo. Primeira prórroga do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello de
Ames, polo prazo de 6 meses.
Punto noveno. Adxudicación do expediente de licitación por procedemento aberto varios de
adxudicación tramitación anticipada e suxeito a regulación harmonizada do servizo de limpeza viaria
e xestión de puntos limpos.
Punto décimo. Proposta que presenta o grupo municipal Popular do Concello de Ames para
esixir ao presidente do goberno de España o cesamento inmediato do ministro de consumo
polos seus ataques á gandería e ao sector cárnico español.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto décimo primeiro. Rogos e preguntas.