Pestanas principais

PLENO ORDINARIO XUÑO

Xoves, 30 xuño, 2022
20:30 H

ORDE DO DÍA:
A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro. Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a
última sesión plenaria ordinaria.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto segundo. Aprobación, se procede, de actas anteriores (sesión ordinaria do 31.05.2022).
Punto terceiro. Ratificación dos decretos de alcaldía núm. 1167/2022 de 25.04.2022 e
1442/2022 de 11.05.2022 de subsanación de deficiencias na redacción do proxecto de
ampliación da Casa da Cultura de Milladoiro, incluído no POS + 2022.
Punto cuarto. Ratificación dos decreto de alcaldía núm. 1235/2022 de 02.05.2022, 1440/2022
de 11.05.2022, 1527/2022 de 19.05.2022 e 1631/2022 de 30.05.2022 de subsanación de
deficiencias na redacción do proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal de
Bertamiráns, incluído no POS + 2022.
Punto quinto. Ratificación do decreto de alcaldía núm. 1295/2022 de 05.05.2022 de
subsanación de deficiencias na redacción do proxecto de rexeneración de espazos deportivos
do campo de fútbol de Ortoño, incluído no POS + 2022.
Punto sexto. Autorización de compatibilidade de José Ignacio Labandeira Prado para o
exercicio dunha actividade privada.
Punto sétimo. Autorización de compatibilidade de Manuela Barcia Tuñas para o exercicio
dunha actividade privada.
Punto oitavo. Autorización de compatibilidade de Rosa Isabel García Agrelo para o exercicio
dunha actividade privada.
Punto noveno. Autorización de compatibilidade de José Luis Iglesias Allones para o exercicio
dunha actividade privada.
Punto décimo. Regulación do horario de apertura e peche de terrazas no Concello de Ames.
Punto décimo primeiro. Aprobación inicial do Regulamento de instalacións deportivas
municipais e escolas deportivas municipais do Concello de Ames.
Punto décimo segundo. Aprobación inicial do Regulamento de uso e funcionamento das
instalacións culturais dependentes do departamento de Cultura do Concello de Ames.
Punto décimo terceiro. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza núm. 1 reguladora do
prezo público pola utilización do centro deportivo municipal A Telleira do Concello de Ames.
Punto décimo cuarto. Revisión do prezo do contrato de concesión da xestión e mantemento
do centro deportivo municipal A Telleira.
Punto décimo quinto. Aprobación suplemento de crédito 2/2022.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto décimo sexto. Rogos e preguntas.