- Tipo
- Tematica
O día 31 de decembro, ás 11:00 horas, celébranse na Praza do Concello as prebadaladas de Fin de Ano. Nelas actuarán os gañadores de Canta con Ames e entregaranse os premios da Xincana Xove. Ademais, o alumnado do curso de lingua de signos interpretará unha panxoliña xunto co seu profesor. Na praza instalarase unha carpa para que os asistentes poidan gozar da actividade en caso de previsión meteorolóxica adversa.
O evento comezará ás 11:00 horas coa entrega de bolsas. Para recollelas será necesario acceder á praza a través da rúa Alcalde Lorenzo. O acto será conducido pola presentadora Loly Gómez e Inés Suárez, e nel actuarán as gañadoras da última edición do concurso Canta con Ames Antía Holovat (categoría infantil), Antía Boo (categoría xuvenil) e María Camaño (categoría sénior), así como as gañadoras de edicións pasadas deste mesmo concurso Carmen Cuevas, Adriana Vigo e Lara López. As prebadaladas serán ás 12:00 horas.
Os primeiros 500 adultos en acceder á praza do Concello recibirán unha bolsa con produtos dos comercios locais, entre os que se inclúen cotillón, chicharróns, arandos e unha botella de Estrella Galicia para brindar polo novo ano. Pola súa banda, os primeiros 500 nenos e nenas tamén contarán con bolsa propia, dentro da que haberá cotillón, uvas de lambetada sen glute e un vaso para brindar con Champín. Para a elaboración das bolsas o Concello contou coa colaboración da froitaría Tomate más Fruta, por terceiro ano consecutivo, que obsequia os arandos, e coa Casas da Cultura, que colaboran coas pegatinas.
Ademais, haberá postos de algodón de azucre e de flocos de millo.