- Tipo
- Tematica
Terá lugar ás 19.30 horas na Biblioteca de Bertamiráns. “A maldición de San Bradán” é unha novela que nos fará conter a respiración, onde o misterio, o azar e a intriga histórica nos levaran a non saber se o destino da humanidade é libre ou obedece á vontade dun obxecto.
Paulo Calvo é un amesán profesor de Economía e Matemáticas no ensino secundario. Licenciado en Economía pola USC, é especializado en Responsabilidade Social Corporativa e Desenvolvemento Sostible pola UNED. No eido literario é a súa primeira incursión no mundo da novela, pero anteriormente recibiu premios en certames como o de microrrelatos de Panxea, o certame do Centro Galego de Frankfürt e nos Sonigramas do Diario cultural da Radio Galega. Asemade, colaborou cunha serie de relatos curtos de xénero fantástico no libro Contos estraños. Segunda era (2014).