- Tipo
- Tematica
O Pazo da Peregrina acolle este xoves, 15 de abril, a presentación de “Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Pardo Bazán”, das escritoras Marilar Aleixandre e María López Sández.
A concelleira de Cultura, Natividade González, será a encargada de presentar á veciña de Ames, María López Sández, e a Marilar Aleixandre, este xoves 15 de abril, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina. Ámbalas dúas escritoras presentarán a obra que escribiron a catro mans sobre a figura e a obra de dona Emilia Pardo Bazán, “Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Pardo Bazán”. No acto intervirá a tamén escritora e veciña de Ames, Anna R. Figueirido, na actualidade vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.